SOLICITUDE DE ALTA: Colexiados e Colexiadas:

Podes tramitar a túa colexiación persoalmente na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ou a través de correo postal. A continuación se detallan os requisitos para a colexiación no ano 2013:

FOTOGRAFÍAS
Aportaranse 2 fotos tamaño carné.

TÍTULO
Deberase presentar orixinal e copia do título de licenciatura ou certificado de telo solicitado. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal deberase aportar fotocopia compulsada por ambas caras do Título.

DNI
Presentarase orixinal e copia por ámbas  caras. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal deberase aportar fotocopia compulsada por ambas caras do teu DNI.

DATOS BANCARIOS
Para o posterior abono das cotas colexiais, farase domiciliación bancaria, sendo necesario aportar datos bancarios especificando o IBAN do número da conta (24 díxitos).

IMPRESOS

PAGO NO MOMENTO DA COLEXIACIÓN
Abonaranse no momento de colexiarse, os seguintes conceptos: 

  • Cota de inscrición (para os/as que se colexien nos 24 meses seguintes á súa data de licenciatura, existe unha redución do 50%). 94,80 € (ou 47,40 € se te colexias nos 24 meses seguintes á túa data de licenciatura).
  • Mensualidades a disfrutar dentro do semestre natural en que se produce a colexiación. 15,80 €/mes.
  • Cota de derrama de local: 30,05 €.

No caso de que a colexiación se tramite por correo postal, deberase aportar a copia do resgardo que acredite ter feito o ingreso ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no IBAN ES64 2080-0316-23-3040008164 de NovaGalicia Banco do importe correspondente á colexiación.

COMUNICACIÓN COLEXIAL:
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno do Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos (COP) adoptado na súa reunión do 28 de marzo de 2009 e en base ao disposto no artigo 3.2 da vixente Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, infórmase que é requisito indispensable para o exercicio da profesión atoparse incorporado ao Colexio correspondente.
Esta incorporación débese realizar no Colexio Territorial que se corresponda co enderezo da actividade profesional, único ou principal.
Por iso, rógase a todos/as os/as psicólogos/as que en prazo de dous meses regularice a súa situación, se fora necesario; feito que redundará en beneficio do/a propio/a colexiado/a e da Organización Colexial.

Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos







Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Espiñeira, 10-Baixo. 15706 Santiago de Compostela
copgalicia@cop.es, tfno: 981 534 049 fax: 981 534 983