O Colexio dispón dun servizo de información telefónica que funciona ao finalizar o horario da Administración do COPG.
Tfno. Administración: 981 534 049
● NORMAS DE PUBLICACIÓN DA "CIRCULAR INFORMATIVA"
- A data límite para a recepción de información é o 15 de cada mes par.
- Avisos e anuncios: Os colexiados e colexiadas que desexen anunciarse nesta sección, redactarán unha nota breve de non máis de 50 palabras. (Nesta sección teñen cabida os anuncios dedicados exclusivamente á difusión entre colexiados/as, non a servizos profesionais en xeral).
- Cursos, Seminarios, Xornadas, Congresos.
3.1. A data de comezo dos cursos deberá ser calquera a partir dos 2 meses seguintes da publicación da "Circular Informativa", na que desexan ser incluídos, de forma que os/as interesados/as dispoñan de tempo suficiente para realizar os trámites necesarios.
3.2. A información sobre as características dos cursos e/ou seminarios deberán enviarse por escrito proporcionando os seguintes datos:
- Nome da actividade.
- Datas de inicio e finalización (día-mes-ano).
- Número de horas.
- Docentes e/ou coordinadores/as (nome e apelidos).
- Entidade organizadora (enderezo, teléfono, fax, e-mail, web).
- Cursos de formación "on-line".
Téñense que proporcionar os seguintes datos:
- Destinatarios do curso.
- Entidade organizadora ou que expenda a titulación (enderezo, teléfono, fax, e-mail, web).
- Contidos e ferramentas integradas.
- Sistema titorial.
- Sistema de avaliación.
- Nº de horas e datas de comezo e finalización (día-mes-ano).
- Coordinador/a do equipo técnico docente.
- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia non asume en principio -salvo nos casos nos que sexa o organizador-, nin o contido nin a metodoloxía dos cursos que se inclúan na "Circular Informativa".
- O Colexio resérvase o dereito último de publicación de calquera curso ou seminario na "Circular Informativa", independentemente do feito que cumpran os requisitos prescritos nas normas de publicación.
Normas modificadas pola Xunta de Goberno do día 13 de marzo de 2009
● NORMAS PARA A INSERCIÓN DE PUBLICIDADE NA "CIRCULAR INFORMATIVA"
(Modificadas en Xunta de Goberno do 13-03-2009)
Data límite de recepción: 15 de cada mes par.
O Colexio resérvase o dereito último de publicación de anuncios na Circular Informativa, entendendo que en todo caso deberán referirse a asuntos de interese profesional e coa suficiente garantía con respecto aos anunciantes.
Tarifas:
Módulo (60x40 mmm.) 100 € + 18% IVA= 118 euros.
Inserción un cuadrimestre, redución 15%.
Inserción un semestre, redución 20%.
Inserción anual, redución 25%.
Para a contratación de publicidade poñerse en contacto co Colexio.
A entidade anunciadora farase cargo do deseño do anuncio a inserir.
Os anuncios inseriranse en galego.
As entidades interesadas en realizar un “mailing” dirixido aos colexiados e colexiadas a través do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deberán enviar un escrito dirixido a Xunta de Goberno do COPG solicitando dito mailing. Terán que enviar o escrito xunto cunha mostra da información que se desexa enviar en formato papel.
Para máis información poñerse en contacto coa administración do COPG.